Mel rural Ecolóxico

alvarizas Quiroga o caurel

Unha empresa familiar experta no sector apícola. Esta é a historia dunha empresa familiar con máis de medio século de experiencia, fundada por Manuel Macía, e na que toda a familia dedica os seus esforzos para conseguir uns produtos dunha calidade e características únicas.

A historia da empresa empeza fai máis de 50 anos. Por aquel entón, sendo Manuel un neno, o seu pai regaloulle tres colmeas tradicionais de cortiza coas que montaron unha pequena alvariza. 

Segundo foi pasando o tempo o número de colmeas foi crecendo, ata a partida de Manuel a Suíza. Durante eses anos, nas tempadas que pasaba en España Manuel foi aumentando a cantidade de colmeas armando trampas para poder cazar a novos enxames.

Tras 16 anos emigrados no país alpino, Manuel e a súa muller Concha regresan a Galicia e aí é onde realmente a empresa despega. 

sil quiroga

Por aquel entón a cantidade de colmeas ascendía xa a unhas 40 tradicionais de cortiza e outras tantas modernas. Nun proceso de mellora produtiva, as 40 colmeas tradicionais foron substituídas por colmeas modernas.

A partir de aí o seu número empezou a medrar exponencialmente, ascendendo a cifra ata acadar unhas 300 colmeas.

No ano 2002 a cifra situábase xa en 600 colmeas repartidas en 12 alvarizas localizadas en diferentes situacións «montañas del entorno de la embasadora».

Nese mesmo ano convertémonos no primeiro produtor de mel e pole ecolóxicos.

A produción foi subindo ata situarse actualmente nunhas 1500 colmeas distribuídas en 34 alvarizas distintas, producindo unha gran cantidade de mel e pole de diferentes variedades entre as que destacan o mel monofloral, mel de breixo, mel e pole de castiñeiro e o mel de silva.

O proceso de produción lévase a cabo con mimo e esmero, realizando durante todo o ano diversas actividades destinadas a que os enxames se encontren cómodos nas súas alvarizas e conten con todo o que necesitan para poder producir o seu prezado produto dourado.

Mel Ecolóxico Galego

O mel de breixo empeza a recollerse das colmeas a principios de abril, durando o proceso ata finais de xuño. No caso do mel de castiñeiro e o de silva empézanse a recoller a principios de xullo e mantense a súa recolección ao longo do mes estival.

Despois disto pásase polo proceso de extracción nas instalacións situadas no baixo da casa familiar.

O devandito proceso consiste en extraer o mel dos favos recollidos nas diferentes alvarizas para pasar posteriormente a un proceso de decantación durante 5 días, destinado a eliminar posibles impurezas.

Finalmente levamos a cabo o proceso de envasado e etiquetaxe, para dar lugar a envases de diferentes variedades e capacidades.

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, un extracto do programa de TVE «Desde Galicia para el mundo», no que Manuel aparece falando das súas abellas e as súas alvarizas:

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad